A tendencia agravouse cando, dentro dunha mentalidade desenrrolista e constructivista, os nosos concellos dos anos 80 descubriron que aínda que non podían deixar aos seus queridos empresarios da construcción construir nas prazas hacia arriba (con excepcións como a praza do Comercio coruñesa), si que se podía construir nas prazas hacia abaixo sen demasiada resistencia vecinal, facendo aparcamentos soterrados que desnaturalizaban o solo.