mastodon.gal é un dos moitos servidores Mastodon independentes que podes usar para participar do Fediverso.
mastodon.gal é unha instancia en galego de Mastodon para a comunidade galega.

Estatísticas do servidor:

350
usuarias activas

20 anos do desastre do «Prestige». En Luzes recuperamos estes días algúns dos traballos publicados na revista sobre os anos máis negros da historia ambiental recente do noso país e o seu impacto nas nosas vidas🧵🪡👇

«Cando en Galicia se moveu o silencio», unha reportaxe de sobre a mobilización social tras a catástrofe: «Houbo outra marea que remeceu toda aquela conspiración da negrura. A da xente»

luzes.gal/12/11/2022/seccions-

Entrevista ao catedrático de Dereito Penal Carlos Rodríguez Buján: «López-Sors cometeu delito de imprudencia ao non escoller o mal menor: refuxiar o buque»

✍️

luzes.gal/12/11/2022/seccions-

Revista Luzes

O Cartafol da : «Unha gran Burla Negra», as creacións artísticas que conseguiron conectar coas formas de protesta populares, anónimas ou activistas, canalizadas a través do colectivo

luzes.gal/12/11/2022/en-aberto

Teófila Ruiz K, galega nada na Arxentina, lembra no Pobo elixido: «Á semana de chegar a Santiago afundiuse o 'Prestige'. Abrín as comportas do pranto (...) As rúas falaban unha lingua que non necesitaba tradución»

luzes.gal/12/11/2022/en-aberto

«Chévere: sempre máis!», unha reportaxe de co gallo da estrea no Centro dramático nacional de «N.E.V.E.R.M.O.R.E.», de ,
«a memoria rescatada dunha traxedia e axuste de contas coa nefasta xestión do 'Prestige'»

luzes.gal/12/11/2022/seccions-

E moito máis alá daqueles días negros tralo «Prestige»:

A Cultura da Transición de Galicia baixo o foco de : «O acontecido en torno ao Nunca Máis foi o momento onde a hexemonía cultural do fraguismo entrou en crise»

luzes.gal/12/11/2022/seccions-

«Muxía, Apocalypse Now», un repaso de X.H. Rivadulla pola historia negra desta localidade da Costa da Morte: «Dende o punto de vista pesqueiro o 'Prestige' non foi a máis terrible das traxedias»

luzes.gal/12/11/2022/seccions-

Nun dos marabillosos textos que nos deixou Pablo L. Orosa, radiografiou así Touriñán: «Cando o 'Prestige', vivían no concello 6.103 persoas. Hoxe quedan 4.852. O único que non cambiou é que todas seguen pendentes do parte meteorolóxico»

luzes.gal/12/11/2022/seccions-