Publicación fixada

💡 Neste fío irei publicando o que fixen en diferentes proxectos culturais e as ligazóns para poder acceder aos mesmos:

▶️ Xarfas: novela de ficción social, con versións en galego e castelán da Galiza.

- Compra en papel e Kindle:

* Galego: bit.ly/XarfasAlexPernasPapel

* Castelán: bit.ly/XarfasAlexPernasPapelCa

- Lektu: formato dixital. Poñedes vós o prezo, dende de balde (indicando 0€ á hora de descargalo), ata o que estimedes.

* Galego: bit.ly/XarfasAlexPernasLektu

* Castelán: bit.ly/XarfasAlexPernasLektuCa

👇

Publicación fixada
Publicación fixada

▶️ A Paga: serie de relatos de diversa temática e estilo construídos arredor dun mundo onde chegou a establecerse a renda básica, publicados en adiante.gal.

- Papel e Kindle (galego): amzn.to/3jBe2aG

- Papel e Kindle (castelán): amzn.to/37QD3vZ

- Lektu (galego): bit.ly/APagaLektu

- Lektu (castelán): bit.ly/LaPagaLektu

- Gratis libros electrónicos (gal): bit.ly/APagaEbook

- Gratis libros electrónicos (cast): bit.ly/LaPagaEbook

- En adiante.gal.

👇

Amosar fío
Publicación fixada

tampouco a é do paisano que queda sen monte, e incluso sen fogar, por plantar eucaliptos, senón dos gandeiros, intereses urbanísticos, industriais, etc. que prenden o lume.

Esixamos máis medidas de prevención, máis concienciación, máis medios? Si. Pero non culpabilicemos ás vítimas.

Amosar fío

preventivas), e coma sempre insuficientes.

Para previr lumes, dado que a xente que os queima existe, hai quen os vixía, sexa garda forestal, voluntariado, ou outros; créanse cortalumes; e tamén hai medidas a posteriori (equipos de extinción, etc.). De novo, sempre insuficientes.

E está claro que hai que ter máis medios de extinción, plantar outras especies (e non só polo lume), etc.

Pero, ao igual que a culpa non é da muller por vestir así, ir soa, ou beber, senón de quen a viola, 👇

Amosar fío

A ver se deixamos unha cousa ben clara sobre a culpabilización destes días nos lumes.

Ante unha violación dicimos que a culpa é da vítima ou do violador? Pois cos montes o mesmo. A culpa é de quen queima, non de quen planta eucaliptos.

Para previr violacións, dado que os violadores existen, moitas mulleres evitan certas rúas, ir soas, teñen o teléfono a man, falan con alguén, avisan de que chegaron, etc. Ademais de haber certas actuacións dende o goberno (máis a posteriori ca 👇

Sen esquecer que a nosa saúde o agradecerá, así coma tamén a saúde de todos eses animais que non morrerán.

Deter o cambio climático, póñanse como se poñan os do churrasco, pasa inevitablemente polo .

Abaixo as churrascadas, arriba as parrilladas!

E aquí vai unha imaxe, que ás veces todo se ve mellor en gráficos.

Amosar fío

dicir: co alimento co que alimentamos a estes animais, alimentariamos moitos máis humanos. Co que, ademais de reducir o contaminado directamente pola "produción" dos animais, tamén pasariamos a cultivar moitísimos menos vexetais, contaminando menos, reforestando, etc.

Estamos nunha situación crítica, e, se realmente queremos loitar contra o cambio climático, o maior cambio que podemos facer para detelo a nivel individual (e moito por enriba de calquera outro) é optar por unha dieta vexetal. 👇

Amosar fío

da nosa saúde).

E hai moitas máis, pero agora mesmo non se me ocorren.

Respecto ao anterior, volver lembrar que cada ano son asasinados arredor de 70.000 millóns de animais terrestres (aos que hai que sumar marítimos), e que a estes animais hainos que alimentar, con alimentos que tamén podemos consumir os humanos, durante varios meses antes de que sexan asasinados. Lembremos tamén que unha vaca ou un porco teñen maior tamaño ca un humano, co que precisan máis calorías para sobre vivir. É 👇

Amosar fío

animais duran moitísimo menos ca os produtos vexetais (sobre todo cereais, legumes, etc.), e ademais deben estar sempre refrixerados.

Saúde: canto se contribúe cada ano ao cambio climático por causa de enfermidades provocadas pola alimentación animal (colesterol, enfermedades cardíacas, cancros (volvamos lembrar o que di a OMS sobre certas carnes, etc.))? Plásticos, transporte, fabricación de diversos elementos, etc. que, de novo, evitariamos (iso sen ter en conta o propio factor 👇

Amosar fío

a terra), e logo aínda temos a pesca de altura... Canto se gasta só en ir e volver ata o Gran Sol ou Somalia dende Galiza?

E na pesca, non esquezamos tampouco a contaminación. Lembremos que o principal factor de contaminación de plástico nos mares non son as botellas ou as palliñas, senón as redes de pesca.

Desperdicio: moitos alimentos son desbotados ao perderse, provocando que toda a contaminación para a súa creación "non servise para nada". Os cadáveres doutros 👇

Amosar fío

CO2, tanto no cultivo, coma no tratamento (incluída a creación de pensos (que se evitaría no caso da alimentación humana)), coma no transporte ata os animais que serán alimentados. A isto hai que sumar o CO2 emitido no transporte a matadoiros, e tratamento e transporte posterior dos cadáveres, que tamén evitariamos.

Non esquezamos a pesca. Un barco pesqueiro de proximidade pode consumir sobre 3.000 litros de combustible cada día (dende logo moitísimo menos ca un tractor para cultivar 👇

Amosar fío

de que o 70% do consumo de soia mundial é precisamente para o alimento dos animais non humanos).

Emisión de metano directa dos propios animais: moito peor para o cambio climático ca o CO2, e tendo en conta que cada ano se asasinan arredor de 70.000 millóns de animais (só terrestres) non humanos (case 9 veces a poboación humana do planeta), isto non é pouco.

Transporte: toneladas de CO2 que se emiten polo transporte dos propios animais. Lembremos que para alimentar aos animais xa se emitiu 👇

Amosar fío

de terras de cultivo nas que medrará o alimento destes animais.

Agora que estamos de novo na época de incendios, podedes facer unha busca rápida e veredes a enorme cantidade de artigos sobre gandeiros de extensivo que queimaron o monte para crear pastos (si, tamén na Península).

E lembrade que o Amazonas arde precisamente por isto. Non é a tala de madeira (que, ademais, pódese replantar), é a creación de pastos e terras de cultivo de soia transxénica para o gando (pequeno recordatorio 👇

Amosar fío

pola banalización da saúde mental que pode supor), máis cando hai alternativas non só perfectamente válidas, senón incluso máis sás.

Os subsidios á industria gandeira deben trasvasarse á agrícola ecolóxica XA. Basta de pagarlles as perdas ás compañías que máis contaminan.

E agora vai a análise concreta: a gandería é un dos principais factores do cambio climático:

Contribúe á deforestación (un dos factores do cambio), tanto para a creación de pastos directos coma para a creación 👇

Amosar fío

orixinal. Velaquí vai:

[Vai 🧵, extenso, pero que coido é de lectura imprescindible e COMPLETA para quen queira deter realmente o cambio climático]

Completamente dacordo, aínda que a ilegalización mellor mundial.

Pero, aparte destas medidas, queremos poñernos realmente serios co cambio climático?

Ilegalización do consumo doutros animais PARA ONTE.

Seguir facéndoo mentres o planeta arde cando a relación é directa é absurdo (por favor, evitemos dicir "de tolos"👇

Amosar fío

Hai un anaco compartín un chío noutra rede que, para deter o cambio climático, optaba pola ilegalización en Europa dos voos nos que houbese alternativa ferroviaria aceptable, así como incentivar estas. Tamén falaba de prohibir os voos baleiros para non perder a liña, ao que obriga a lexislación.

Compartino engadindo un fío que vou poñer aquí, xa que considero que é importante.

Porei o fío tal cal, co que ao mellor non se entendo o comezo, xa que é case unha reprodución de verbas do chío 👇

Non chegaba coa taxa aos produtos femininos, que agora témola tamén para os veganos.

Vemos aquí dous chocolates practicamente iguais da marca branca de Lidl. As principais diferenzas son que un deles ten un 20% menos de cacao e un 14% menos de avelás, pero, a pesar disto, resulta un 36% máis caro. Por que? Só porque ten a etiqueta de .

E, por se fose pouco, o outro non é vegano só porque contén un <0,5% de manteiga que sobra completamente.

E xa que estamos, tamén do resto do mundo, non só Europa.

Non quero ver os desvelos do marqués de Andrade sobre con quen casar á filla e que dote dar. Quero ver os de Manolo e Xosefa sobre como alimentarán aos seus fillos despois de que a colleita fose unha merda e terlle que dar boa parte aos cabróns de Andrade e do bispo de Mondoñedo.

Amosar fío

Onte vin unha peli "de época". É dicir, a enésima peli ambientada no pasado sobre como un grupo das poucas persoas europeas de clase alta pasan o día paseando, visitándose, e falando de con quen van casar, porque outra cousa non fan, xa que viven de rendas.

Xente do cine, eu quero ver pelis "de época" nas que saia representada o resto da poboación europea cos seus problemas, esa meirande parte que ten que traballar para comer (e non só a criada ou o chofer de turno coma accesorio).👇

Recensión de "A Paga" por Catador de Libros:

"Relatos que se vuelven adictivos y que debes terminar de leer para saber en que terminan."

catadordelibros.blogspot.com/2

Engado: parece que só pasa coa publicación orixinal. De fixar algunha das outras, si aparece ligazón para ver o fío completo.

Amosar fío
Mostrar o máis vello
mastodon.gal

mastodon.gal é unha instancia en galego de Mastodon para a comunidade da lingua e cultura galega.