Hoxe comeza un dos mellores festivais. O Festival de Pardiñas en Guitiriz que organiza a Asociación Xermolos. Así que convídovos a todos a ir. Por alí andaremos coma sempre! #Xermolos #FestivalDePardiñas #Pardiñas #Guitiriz
Para quen non saiba, no Festival de Pardiñas temos sempre un cartaz artístico, que este ano mola mil. Seguro que se vos fixades atopades a alguén que coñecedes nel. #Xermolos #FestivalDePardiñas #Pardiñas #Guitiriz
E tamén hai o cartaz mítico co programa de todas as actividades do Festival de Pardiñas. #Xermolos #FestivalDePardiñas #Pardiñas #Guitiriz
O plan de hoxe (venres) é na vila mesmo de Guitiriz cos cantos de tabernas por varios locais da vila que colaboran deste xeito co Festival de Pardiñas. Aí vos quedan cales son. #Xermolos #FestivalDePardiñas #Pardiñas #Guitiriz
E mañá (sábado) temos varias citas deportivas no Festival de Pardiñas. O Aberto de Billarda ás 16:00 en Pardiñas. #Xermolos #FestivalDePardiñas #Pardiñas #Guitiriz
E, como o coñecemos por alí, o "Maratón de Pardiñas". XLIII edición da Carreira Popular do Festival de Pardiñas, que sae e chega a Pardiñas ás 19:00. #Xermolos #FestivalDePardiñas #Pardiñas #Guitiriz
Ademais das actividades deportivas, musicais, ... do Festival de Pardiñas, tamén temos Feira de Artesanía e a Feira de Artesáns de Instrumentos organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos. #AsociaciónDeGaiteirosGalegos #Xermolos #FestivalDePardiñas #Pardiñas #Guitiriz
Así que non dubides en acudir ao Festival de Pardiñas nesta fin de semana, haberá actividades para todos os gustos. Vémonos por alí! #Xermolos #FestivalDePardiñas #Pardiñas #Guitiriz
@braisarias intentaremos ir o domingo 😜
@ghose Moi been. O domingo é o día tradicional no que as familias se xunta a merendar en Pardiñas todos xuntos e desfrutar do día de romaría, da música, da artesanía, da comañía e da arte en xeral
@braisarias fermoso
@braisarias O vin o outro día que pasei pola cova céltica e mi madriña, é un cartaz fermosísimo
Por se alguén non sabe onde é o Festival de Pardiñas, fixeron un mapa (https://i.gal/mapa-pardinhas). Tamén se poden ver as zonas habilitadas para acampar, caravanas, furgos, aparcadoiros... #Xermolos #FestivalDePardiñas #Pardiñas #Guitiriz