Ademais das actividades deportivas, musicais, ... do Festival de Pardiñas, tamén temos Feira de Artesanía e a Feira de Artesáns de Instrumentos organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

Amosar fío

E, como o coñecemos por alí, o "Maratón de Pardiñas". XLIII edición da Carreira Popular do Festival de Pardiñas, que sae e chega a Pardiñas ás 19:00.

Amosar fío

E mañá (sábado) temos varias citas deportivas no Festival de Pardiñas. O Aberto de Billarda ás 16:00 en Pardiñas.

Amosar fío

O plan de hoxe (venres) é na vila mesmo de Guitiriz cos cantos de tabernas por varios locais da vila que colaboran deste xeito co Festival de Pardiñas. Aí vos quedan cales son.

Amosar fío

Para quen non saiba, no Festival de Pardiñas temos sempre un cartaz artístico, que este ano mola mil. Seguro que se vos fixades atopades a alguén que coñecedes nel.

Amosar fío

Hoxe comeza un dos mellores festivais. O Festival de Pardiñas en Guitiriz que organiza a Asociación Xermolos. Así que convídovos a todos a ir. Por alí andaremos coma sempre!

mastodon.gal

mastodon.gal é unha instancia en galego de Mastodon para a comunidade da lingua e cultura galega.