Publicación fixada

Ácabome de decatar facendo unha compra en dólares de que o dólar se nos escapou no último ano. ¿Que pasou?

Hai pouco vin un GIF dun globo medio inflado e apenas flotando.
Agora non o atopo, pero son eu cando teño que poñerme a traballar á metade do día despois de pasar a mañá saltando de reunión en reunión.

Pasei onte por Beiramar e non entendía por que circulaban bicicletas pola beirarrúa. Agora o entendo (non)
youtu.be/DYy2h6kBP5E

¿Por que o monte da Guía en Vigo está tan abandonado? Que decepción.

Vós diredes que os ingleses son moi monárquicos, pero xa puxeron un festivo para o luns para festexar que morreu a súa raíña.

Comín un bote enteiro de aceitunas con chile no xantar e mañá vouno pagar.

Tamen che digo que como non haxa pronto un día no que non teña que escoitar concertos dende a miña casa, vou tener que empezar a matar.
Levo oito días sen descanso.

Amosar fío

Ah, non, foi a semana pasada, que estiven en Madrid. E en Madrid chove moito.

Amosar fío

Creo que a última vez que vin chover foi en xuño.

Amosar fío

Os fremen están a piques de empezar a dicir que en Vigo chove moi pouco.

Creo que 'O sabor das margaridas' intenta ser o Twin Peaks galego.

¿Tamén imaxinades realidades alternativas nas que algún acontecemento da vosa vida tivo un resultado diferente ó actual?
En case todas as que eu imaxino estou morto.

Compañeira irlandesa: "Estou conducindo e fai moito calor"
Eu: "¿A que lle chamas calor?"
Ela: "20º fóra"

Mostrar o máis vello
mastodon.gal

mastodon.gal é unha instancia en galego de Mastodon para a comunidade da lingua e cultura galega.