Tras nove meses de asistencia decote ao ximnasio estou en condicións empíricas de asegurar que o de que a xente, cando remata nunha máquina, modifica o peso co que traballou para deixalo máis alto e que o seguinte pense que levantou máis peso do que realmente levantou, é un mito ou, máis exactamente, unha lenda urbana. E iso provoca que me sinta máis ridículo cando, disimuladamente, o fago eu.
#aventurasnoximnasio
@marcostaracido
Non pode ser, os límites do postureo tenden ao infinito.