Que fermosura de banda deseñada, dun minimalismo delicado e sensíbel.

Un chisco decepcionado porque no 'Dicionario de seres míticos galegos' non hai unha entrada para o apóstolo Santiago e o seu sepulcro.

O texto máis bonito do "Dicionario irreal para un país imposible" de Xavier Seoane.

Tal vai o meu amigo
con amor que lh'eu dei
come cervo ferido
de monteiro del-Rei.

Tal vai o meu amigo,
madre, com meu amor,
como cervo ferido
de monteiro maior.

E, se el vai ferido,
ira morrer al mar;
si fara meu amigo
se eu d'el non pensar.

[...]

Pero Meogo

Moi difícil mellorar o feixe de citas de Xavier Seoane para "Dicionario irreal para un país imposible".

No século XIII Alfonso X publicaba o Fuero Real. Éis a enumeración de persoas que non podía testemuñar nun testamento.

Moi interesante "Os santos das nacións. Reliquias e lendas de conversión en Europa", unha especie de erudita historia da construcción do mercado das reliquias cristiás ─e da súa devoción─ que axuda a entender un pouquiño mellor o mundo.

mastodon.gal

mastodon.gal é unha instancia en galego de Mastodon para a comunidade da lingua e cultura galega.