Por estas datas, hai 79 anos, tras esmagar a revolta civil polaca, as SS nazis queimaron con lanzachamas os feridos nos hospitais, asasinaron os nenos, e mallaron, violaron e mataron as enfermeiras. 12 anos antes o Partido Nazi gañou as eleccións sen ocultar a súa ideoloxía.

Que fermosura de banda deseñada, dun minimalismo delicado e sensíbel.

Ultimamente estase a falar moito do Parlamento ou DUMA (дума) de Rusia, cuxa raíz pode atoparse no proto-indoeuropeo DHE (facer), que daría lugar a verbos como DO (facer) e DOOM (predestinar, condenar) en inglés, e está moi presente nas linguas anglosaxonas.

@ghose @k_purpose Non lin a novela de Palahniuk. E si, penso que é mellor "O xogo de Ender" novela que película.

Un exemplo de libro que supera abondo a súa versión cinematográfica é "The Giver" (Lois Lowry / Phillip Noyce); un exemplo de película que supera abondo o libro que versiona é "The Princess Bride" (Rob Reiner / William Goldman).

Pois non sei, nesto das protestas e dos desertores rusos perante a posibilidade de que os recluten semella que hai un pouco de «mentras non teña que ir eu conquistade e matade o que vos pete».

Pregunta seria: como conseguen que non apodrente o corpo da dona Isabel? Bótanlle xeo tódalas mañás no cadaleito? Está refrixerada a caixa, enchufada á corrente? É un corpo incorrupto? Isto último explicaría algo da tolemía mediático-social.

Web abondo completa sobre os castelos e fortalezas da Galiza: forega.gal/

Pois eu non lin nada de Javier Marías. Non me gabo. Non me arrepinto.

Cando espertou a monarcobabecada aínda estaba alí.

Até Netflix foi máis crítica coa raíña en "The Crown" (xa abondo adozada) do que o están a ser os medios en España. O periodismo, con moi poucas excepcións (sempre de escasa difusión), da noxiño.

"Que din os rumorosos" é un podcast sobre a historia de Galiza. Os 6 primeiros episodios, centrados na época medieval, son estupendos: podgalego.agora.gal/que-din-os

Mostrar o máis vello
mastodon.gal

mastodon.gal é unha instancia en galego de Mastodon para a comunidade da lingua e cultura galega.