Seguir

coma xa empezamos a ser moitas, preséntome. Chámome Rafa, nacín na Coruña, meus pronomes son el/elu, son bi :bi_flag_heart: e estudiei o grao e o mestrado en Enxeñaría Informática na Coruña, pero actualmente estoy traballando de Full-Stack nunha start-up en Barcelona.

Como forma de chegar a un burnout (?), nos meus ratos libres fago moitas cousas que teñen que ver con informática, coma programación de videoxogos e aplicacións en LÖVE e Godot, trastexar con raspberries e arduinos.

· · Web · 2 · 0 · 3

Xa coma aficións de verdade, teño unha horta urbá e góstame moito a cociña, sobre todo aprender e experimentar. Tamén nese aspecto sonche de comer de todo, non fago reviroltas a nada :ablobwobwork:

Espero que estades contentas nesta instancia, e calquera dúbida ou consulta, facédeme un @ e intentarei contestar o máis rápido posible.

@nekerafa moi agradecido pola túa xenerosidade ao presentarte 😺🙏,

Se tivera máis tempo enredaría coa raspi ke teño e comezaba a experimentar con arduino e impresoras 3D 😻 aúde kompa, moi moi a gusto akí 🤟

Accede e participa na conversa
mastodon.gal

mastodon.gal é unha instancia en galego de Mastodon para a comunidade da lingua e cultura galega.