Inspirado por este texto de @teclista , decidín probar pouco a pouco o #despotify.
Sempre que sigo un proceso similar, atopar a alternativa a unha certa aplicación x é a parte máis complexa, xa que teño que indagar sobre:
1. É código aberto?
2. Canto respecta a privacidade da persoa usuaria?
3. O seu CEO é un nazi?
E ás veces non me resulta nada doado atopar info satisfactoria.
A liña vermella estaría na resposta ao punto 2.
Para comezar co #despotify estou probando evermusic en iOS. Se vai ben, non tería problema en facer o pagamento da versión pro se tivese información concreta dos tres puntos anteriores.
Se alguén sabe dalgunha alternativa fiable que cumpla os requisitos de respecto da privacidade e non nazismo, acepto suxestións .
Outra dúbida que teño é se os servizos de Apple poderían ser unha boa alternativa (sei que non é a idea básica, pero é unha dúbida derivada).
É dicir: sería máis “ético” usar Apple Music que Spotify?
@opavlo Si lo que priorizas es que les músiques cobren más, sí. En cambio, lo de respetar la privacidad y que el CEO no colabore con nazis no lo resuelves con esta opción.