Publicación fixada

As novidades, de existir, publicaranse 3 veces ao día: ás 7, 13 e 19 horas.

As mensaxes serán "públicas", para maior difusión :galician_heart:

Se así o considera a administración de mastodon.gal pasarían a ser "non listadas", para non molestar na cronoloxía pública da instancia.

Publicación fixada

Ola Mundo!

📻 🎙️ :flag_gal:

Esta conta trae ao as actualizacións coas novidades de podgalego.agora.gal, un directorio de de programas en , de temática variada e fontes diversas.

Fai RT ás publicacións que entendas interesantes así como comenta os programas que escoites para dar difusión ao traballo feito en .

Se a administración de agora.gal quere xestionar esta conta directamente ou ben non quere que exista, por favor, que contacte por mensaxe directa.

A roda da Vida
anchor.fm/unhapedranozapato/ep
Miña avoa, como todo un oráculo que é, sempre di mentres debuxa co seu dedo índice un círculo no aire: “A Vida é unha roda”.  Se nos paramos a imaxinar unha roda, o natural para ela é xirar. Se a Vida é unha roda como afirma miña avoa toda chea de razón, unhas veces estaremos na parte de arriba lixeiras e dispostas; e outras veces na parte de abaixo cargadas e sostendo o peso. 
A roda recórdanos a

A lira desafinada de Pitágoras con @puratura
ivoox.com/a-lira-desafinada-pi
Desde o Palacio Euskalduna aproveitamos a celebración de Naukas Bilbao para poder conversar sobre música e ciencia con Almudena Martín Castro. Esta física e pianista vén de publicar o libro "La lira desafinada de Pitágoras". Ás 21 horas do mércores 12 de outubro de 2022 sortearemos un exemplar do libro de Almudena Martín entre as persoas que nos ...

A Morte e o Alén - Baleiro Perfecto 29
ivoox.com/a-morte-e-o-alen-bal
A morte. A personaxe, o acto, o paso, o intre. Ben podería un morrer falando da morte e non chegaría a saber moito sobre dela.

O Baleiro Perfecto inicia nova tempada, a terceira nin máis nin menos, vestindo de negro, collendo a gadaña e conversando coas parcas, procurando respostas e propoñendo preguntas.

Krilín estaría orgullosos de nós, e nós del. Din...

Entrevista a Xabier Lavandeira
spreaker.com/user/radioateneo/
Xavier Labandeira Villot é catedrático de economía da Universidade de Vigo e investigador especializado no cambio climático. Sobre esta temática ten publicado numerosos artigos en revistas líderes mundiais como Energy Economics ou Climate Research. En 2009 foi convidado a participar como membro do Grupo Intergobernamental sobre o cambio climático da ONU.

Fálase 24 - Angrois a xuízo e facerse visible no espazo público
ivoox.com/falase-24-angrois-a-
Neste episodio do podcast informativo de Praza.gal, conducido por David Lombao, abordamos o inicio do xuízo polo accidente de Angrois e ordenamos feitos, refrescamos datos e poñemos contexto sobre o acontecido coa axuda de David Reinero. Con VINTE, achegámonos ao proxecto A porta aberta da artista Lúa Gándara e escoitamos as músi...

Efer 606 (5-10-22): Científicos inspirados pola música, e viceversa
ivoox.com/efer-606-5-10-22-cie
(1:56) Asistimos no IES Xelmírez I de Santiago a unha sesión do proxecto de divulgación da estatística "[Stat Wars Episodio II: O imperio do datos](proyectostatwars.es/)" no que participan Mercedes Conde, Ana Bouzas e Berta Rial.
(13:54) Desde o Palacio Euskalduna aproveitamos a celebración de N...

Proxecto Neo, 360.12: Víctor F. Freixanes;Abrahám Rivera
ivoox.com/proxecto-neo-360-12-
Despois de que Carmen Castro nos fixese a Recomendación Literaria da semana, os "Aires de Pontevedra" na versión de Milladoiro abriron o camiño para que Nuria Ramos Cuba converse demoradamente co Presidente da Academia Galega. A estudante de Burela comezou a entrevista facendo unha alusión a dúas localidades que teñen...

BCB 3x01 - Lula é meu pai
anchor.fm/bueno-carallo-bueno/
Lula é o noso pai, é un patrón e un paisano o candidato á presidencia da Xunta... do Brasil! Falamos das eleccións brasileiras logo da viaxe de Silvio aló, pero tamén comentamos as tremendas vacacións podcastiles -dignas dun neno de escola-. Alberte, ollo aí, estrea sección co seu GÓDEME QUE... onde como é habitual no podcast seguirá á facer de hater.
Case unha hora de prog...

Galiza... Algo Máis (01-10-22)
ivoox.com/galiza-algo-mais-01-
Programa emitido o sábado 1 de outubro de 2022 en sants3radio.
Novas, música, cultura e deporte en galego dende Catalunya.

Chelo Piñeiro Vella, unha traballadora na fábrica de A.G.E.
spreaker.com/user/radioateneo/
Hoxe faremos un percorrido pola Fábrica de Conficciónes A.G.E., S.L. a través da lembranza de Chelo Piñeiro Vella, imaxinándonos como era unha xornada de traballo para ela e para as súas compañeiras.

😈A INIMIZADE😈, con Lucía Estévez e Miguel Canalejo
anchor.fm/caf-derby-21/episode
😈Estamos de volta😈 Logo dun fin de temporada inesperado, queremos retomar o fío que alí tendemos. As persoas privilexiadas puideron escoitar o noso programa adicado á amizade, por iso agora queremos facer o oposto. Abrimos a terceira tanda de Café Derby 21 parolando en directo no Café Universal da Coruña sobre: 🔥A INIMIZADE🔥

Para iso...

CTL 3: Manuel Cortés e David Lojo
anchor.fm/cultura-luzes/episod
Este martes chegamos cun dos membros de Chévere, desta vez presentando “Recortes, caneos e outras formas de driblar” como parte do equipo que Ainé Producións e o CDG poñen en xogo no Salón Teatro e despois en xira por Galicia. David Lojo, trompetista de jazz, tráenos o seu disco Road To Balance. Facemos de punto de encontro interxeracional. Aproveitamos para charla...

Capítulo 1
ivoox.com/capitulo-1-audios-mp
Dominio é rescatada no último segundo dun destino fatal, traída á súa terra natal onde medrará tranquilamente e alcanzando a maioría de idade sinte a necesidade de buscar as súas raíces para comezar a súa vida adulta, para iso contactará cun investigador que é tan bo que todos din que é...

DUPLEX presenta #12 - Javi Camino
ivoox.com/duplex-presenta-12-j
Conversa co realizador Javi Camino co gallo da estrea o 7 de outubro de 2022 do seu filme Jacinto, unha persoal achega entre o terror e a comedia, ambientada na Galicia rural, cun magnífico Pedro Brandariz de protagonista. A fita obtivo un total de catro premios Mestre Mateo, entre eles o de actor principal.

De Xinzo a Coristanco
spreaker.com/user/radioateneo/
Xinzo e Coristanco... Escoitar estes nomes xa lembra a pataca. E é que nestes e noutros sitios de Galicia temos a pataca de maior calidade.

Ábrete de Orellas CDLI, 3-outubro-2022
ivoox.com/abrete-orellas-cdli-
1 Goma 2 “O galo”
2 Xurxo Fernandes “O pato”
3 Momboi “Cabalo negro”
4 The Soul Jacket “That’s Right”
5 The Soul Jacket “Gettin’ Good”
6 Leño “El tren”
7 Soul Teller “The Train”
8 The Cool Jerks “Don’t Look for Me”
9 Fernando Barroso e banda “O canto de Hermelinda”
10 Manuel Maio “Eu levo meu benzinho”
11 Manuel Maio “Para que brilhar”
12 Space Ense...

Comer e falar si radio 02_10_22
ivoox.com/comer-e-falar-si-rad
Nesta ocasión programa especial adicado á XXX Festa da Faba de Lourenzá. Estivemos con Bruno Pena e Suso Vilariño de Cociñeiros Lugo e co compañeiro Xoanqui Ameixeiras que participou cun Showcooking na Festa. Tamén con Rocio García alcaldesa de Lourenzá e Pepe Cuadrado da Cooperativa Terras da Mariña.

Comeza outubro
spreaker.com/user/radioateneo/
Comeza outubro, e con el o Ateneo Barroco, os Luns do Ateneo e moitos outros eventos na cidade. Queda connosco para descubrilos!

Como que non? do día 03/10/2022 (00:04)
crtvg.es/rg/podcast/como-que-n
Como que non? do día 03/10/20222022/Oct/MonPrograma de humor e variedadesPrograma de humor e variedades

Mostrar o máis vello
mastodon.gal

mastodon.gal é unha instancia en galego de Mastodon para a comunidade da lingua e cultura galega.