Buenocarallobueno.
Como esta semana tiven o ordenador estragado non puiden preparar unha Folla así que vos mandei un conto.
Ou máis ben: quixen mandarvos un conto pero o email foi para o grupo de "test", non o de produción, así que non o vistes.
Ía ser exclusivo para os suscritores pero velaquí a ligazón, que se non non o ve ninguén: https://emails.folla.gal/y9p3v6m6z5
—Ei Jacobo, sabes o que sería unha boa idea?
—Cal?
—Podes mandar o email á xente que tiña que recibilo.
—E como?
—Duplicas a campaña no Mailerlite e daslle a enviar. Leva un minuto no móbil.
—Ah, pois si que é unha boa idea.
(Tres minutos despois...)
"Subject: Teño o ordenador escacharrado"
—Aaaagh!