Onte #GrazasAoMastodon coñecín a Aurora @CorioPsicologia e no seu perfil aprendín o que son os #AgujerosDeConejo nun vídeo que me pareceu esencial para sobrevivir no contexto actual:
"Mecanismos de radicalización online"
https://www.youtube.com/watch?v=U0i_Drdtbj4
Teño un amigo da alma, ao que quero moito, e que durante a pandemia o vin caer no negaciomismo, nas teorías da conspiración contra as vacinas, no antifeminismo e que agora me envía vídeos de exaltación fascistas.
E agora non deixo de preguntarme:
Obxectivamente, qué é o que fai que o buraco donde caeu él sexa un #BuracoDeCoello da radicalización online e que en cambio o meu fose un camiño de aprendizaxe, de deconstrucción, de poñerme as gafas violetas, de concienciación?
Porque él dime (e non lle falta razón) que o radical son eu, que eu tamén cambiei (na dirección oposta). Eu tamén me busquei os meus espazos burbulla online e me alimentei deles.
E os dous estamos encantados cos nosos cambios.
Cada un de nós di orgulloso:
"O meu foi aprendizaxe, abrir os ollos, romper prexuizos, deconstruirme, deixar de crer nos medios e no sistema que pretende manipularnos e ternos mansos e controlados. O teu é unha radicalización perigosa, estás enganado, non é certo todo iso que che contaron".
Entendedes o que quero dicir?