Non me gusta a autoficción, nin sequera a boa autoficción; por unha banda, seméllame que estou lendo algo doado de escribir (sei que se é boa non é doado); por outra banda, paréceme pornográfico, unha ostentación da intimidade que devén en faciana intelectual dos programas do corazón. Sei que estou a ser inxusto, mais é o que sinto. Non entendo a chuvia de premios a autoficción galega.
#literatura #galego #novela #autoficción
@marcostaracido
Pois éche unha tendencia global. Na literatura en lingua alemá, por exemplo, tamén está moi de moda.
@laureanoaraujo Pois xa leva anos a cousa, en castelán dende os 90, case.