mastodon.gal é un dos moitos servidores Mastodon independentes que podes usar para participar do Fediverso.
mastodon.gal é unha instancia en galego de Mastodon para a comunidade galega.

Estatísticas do servidor:

384
usuarias activas

O Coegho :flag_estreleira:

Totally Not Mark fixo un vídeo explicando que Son Goku e Chichi teñen un "acento rústico" no manga e anime orixinais de Dragon Ball, e que o lóxico tería sido que na dobraxe en inglés falasen como rednecks.

Agora non podo evitar preguntarme que acento deberían ter na dobraxe galega para manter ese trazo de personaxe

Imaxinando unha dobraxe alternativa na que un Son Goku criado no bosque na Fonsagrada faise amigo dunha Bulma con acento de pija da Coruña, e acaba coñecendo a súa esposa Chichi, unha princesa de Valdeorras

@coegho hahaha
pensaba no acento de Ogrobe ou da Illa de Arousa, pero penso que tanto Son Goku como Chichi eran de interior, de lonxe da costa así que igual acento do Bierzo 😂

@franleiro Son Goku de feito non coñecía o mar, así que si, a costa ben lonxe

@coegho acento de Mazaricos e subtítulos