mastodon.gal é un dos moitos servidores Mastodon independentes que podes usar para participar do Fediverso.
mastodon.gal é unha instancia en galego de Mastodon para a comunidade galega.

Estatísticas do servidor:

350
usuarias activas

Onosolar

Remata o ano de e o noso Adrián pasará a ser senior, o tempo pasa moi rápido, quen nos ía dicir cando tentaba aprender a patinar da man de Galmán que este deporte ía ser algo tan importante na súa vida…
Amizades, logros, vitorias, perdidas, frustracións, cambios… con todo iso aprendeu a convivir sobre os patíns.
Imaxino que pasou momentos de querelo deixar todo, pero nunca nolo dixo, sempre puxo un pouco máis e seguiu .

Sacou tempo de onde non o había para seguir, e máis cando este ano descubriu un novo mundo, ensinar ás peques esta tolemia que é o hóckey.
Ver as caras destas crianzas cando o ven xogar, ou as alabanzas das súas familias polo seu traballo… uf!
O hóckey tamén lle (nós) fixo pasar malos momentos, deixar o seu equipo de sempre, perder na prórroga o pase á fase final do campionato de españa junior (como choramos, el de impotencia e nós de velo así).

Tamén perder a final do campionato galego senior, tamén na prórroga… en fin!
Pero remata o ano da mellor forma posíbel logrando xunto aos seus compañeiros do A. C. Ordes algo que é un soño de verdade, o ascenso a segunda división, só por debaixo da OK Liga, a do Liceo e Barça.
Non sei se seguirá mellorando, se logrará xogar en plata… o que si sei é que o hóckey axudounos a formar a esa personiña da que non podemos estar máis orgullosos, e todo isto sen deixar os estudos a un lado.
Quérote!!

E recorda se cando fixeches esta foto era imposíbel lograr xogar con el e o lograches…
PD: Non remata, queda o 3x3 de Carballo.