Mastoconsellos para non informátiques: como bloquear instancias en lote (editado porque sobraban pasos)
1- Descarga unha lista de dominios chungos como a de Garden Fence (https://github.com/gardenfence/blocklist/blob/main/gardenfence-mastodon.csv)
2- (opcional) Abre o csv con Calc ou Excel para modifica-la lista (podes eliminar ou engadir os dominios que queiras)
3- Nas preferencias de Mastodon, entra en Importar e sube o csv como lista de dominios bloqueados, indicando que queres que se fusione cos que xa tes na túa conta
4- Party
-Por que bloquear instancias enteiras?
Ao contrario que noutras redes, aquí cada instancia pode te-las súas propias normas, así que hai instancias super chachis anarcocuires pero tamén hai instancias horribles literalmente nazis. Bloqueando esas instancias, evitas a posibilidade de que algún membro de nazistodon descubra a túa conta, ou que unha publicación de aí apareza nos teus feeds.
-E como me fío de Garden Fence?
Non tes por que facelo, podes visita-las instancias da lista e comprobar ti mesme se son realmente tan horribles ou non. A lista só é unha maneira de aforrar tempo e sorpresas desagradables. Ademais, na lista de GF hai unha columna cos motivos xerais polos que se bloquea cada instancia, polo que podes, se queres, bloquear só as instancias racistas, por exemplo, se son as que máis che preocupan. Podes face-la túa propia lista de bloqueos como che pareza mellor
@outrofracofavor O assunto funciona bem a nível federado. A mim, com instância unipessoal e sem nenhum filtro, só me apareceram um um par de contas/instâncias para banir.
Uma advertência mais: se uma conta é ofensiva e na sua instância se observam atitudes na mesma linha que as dessa conta, melhor não usar ferramentas de denúncia. Quem administra a instância está na alhada e pode buscar as voltas para continuar o assédio.
Melhor banir e difundir o ocorrido em círculos de confiança.
@outrofracofavor A mim, antes de ter instância pessoal, passou-me cum administrador que vomitava insultos racistas e homofóbicos. O fulano tinha mais instâncias para assediar desde vários flancos.
@pcgaldo eu só denuncio se a conta está nunha instancia de confianza, se son instancias descoñecidas boto un ollo e se cheira raro bloqueo e ata nunca
@outrofracofavor no hace falta hacer esto, a la hora de importar el fichero nuevo puedes decir que lo una a la lista de los que ya tienes bloqueados :D
@maltita ah claro, muito máis fácil importar combinando e vía